Saltar ao contido

Cornus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cornus
Cornus
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Sinónimo taxonómico
Características
 Fonte de
dogwood (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeCornales
 FamiliaCornaceae
 XéneroCornus Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Cornus Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 73 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01pw11 Editar o valor en Wikidata
MeSHD029768 Editar o valor en Wikidata
ITIS27798 Editar o valor en Wikidata
OTT82463 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Cornus é un xénero que abrangue un grupo de entre 30 a 60 especies de plantas de follas caedizas e poden ser árbores ou arbustos na familia das Cornáceas, divididas dun a nove xéneros ou subxéneros (dependendo da interpretación botánica). En galego o termo preferido para estas plantas é sangomiño, sendo sinónimos ou variantes noutros dicionarios sambuguino, sangubín, sangume, sangubino, sangumín, ou corneira[1]. Catro subxéneros enuméranse aquí.

En Galiza atopamos soamente unha especie brava: o sangomiño común.

  • Os acios de flor semi rechamangueiros, xeralmente brancos ou amarelos, en cimas sen as brácteas rechamngueiras grandes, dan froito vermello, azul ou branco:
    • (Sub)xénero Cornus. Corneiras; catro especies de arbustos ou de árbores miúdas; acios de flor cun invólucro de follas caedizas.
    • (Sub)xénero Swida. Sangomiños; preto de 20 a 30 especies de arbustos; acios de flor sen un invólucro.
      • Cornus alba (Swida alba; Sangomiño Siberiano). Siberia e norte da China.
      • Cornus alternifolia (Swida alternifolia; Sangomiño Pagoda ou Sangomiño de follas Alternas). Nordés de América do Norte até o extremo sueste do Canadá.
      • Cornus amomum (Swida amomum; Sangomiño sedoso). Leste dos EUA polas grandes pradeiras, agás polo profundo sur, e extremo sueste do Canadá.
      • Cornus asperifolia (Swida asperifolia; Sangomiño dos pagodes ou sangomiño asperifolio).
      • Cornus austrosinensis (Swida austrosinensis; Sangomiño do sur da China). Leste de Asia.
      • Cornus bretschneideri (Swida bretschneideri; Sangomiño de Bretschneider). Norte da China.
      • Cornus controversa (Swida controversa; Sangomiño mesa). Leste de Asia.
      • Cornus coreana (Swida coreana; Sangomiño de Corea). Nordés de Asia.
      • Cornus drummondii (Swida drummondii; Sangomiño de follas engurradas). EUA entre o cinto dos Apalaches e as grandes pradeiras, e o sur de Ontario.
      • Cornus glabrata (Swida glabrata; Sangomiño marrón ou Sangomiño suave). Oeste de América do Norte.
      • Cornus hemsleyi (Swida hemsleyi; Sangomiño de Hemsley). Sueste da China.
      • Cornus koehneana (Swida koehneana; Sangomiño de Koehne). Sueste da China.
      • Cornus macrophylla (Swida macrophylla; Sangomiño de follas grandes). leste de Asia.
      • Cornus obliqua (Swida obliqua; Sangomiño pálido). Leste de América do Norte.
      • Cornus paucinervis (Swida paucinervis). China.
      • Cornus racemosa (Swida racemosa; Sangomiño dos illós do norte ou Sangomiño de Gray ). Extremo sueste do Canadá e nordés dos EUA.
      • Cornus rugosa (Swida rugosa; Sangomiño de folla arredondada). Sueste do Canadá e extremo nordés dos EUA.
      • Cornus sanguinea (Swida sanguinea; Sangomiño común). Europa.
      • Cornus sericea (C. stolonifera; Swida stolonifera; Sangomiño de follas vermellas). Norte de América do Norte.
      • Cornus stricta (Swida stricta; Sangomiño dos illós do sur). Sueste dos EUA.
      • Cornus walteri (Swida walteri; Sangomiño de Walter. China Central.
      • Cornus wilsoniana (Swida wilsoniana; Sangomiño de Wilson). China Central.
Cornus canadensis.
  • Acios de flor discretos, xeralmente verdoso, arrodeado por brácteas como se fose un gran e rechamante pétalo; froita xeralmente vermella:
    • (Sub)xénero Chamaepericlymenum. Sangomiños ananos; dúas especies de subarbustos ratreiros que medran de estolóns lígneos.
      • Cornus canadensis (Chamaepericlymenum canadense; Sangomiño anano canadense ou Bunchberry) Norte de América do Norte.
      • Cornus suecica (Chamaepericlymenum suecicum; Sangomiño anano eurasiático ou European Bunchberry). Norte de Eurasia, localmente no extremo nordés e noroeste de América do Norte.
      • Cornus × unalaschkensis (híbrido C. canadensis × C. suecica). Illas Aleutianas, Groenlandia, península do Labrador.
    • (Sub)xénero Benthamidia (sin. subxénero Dendrobenthamia, subxénero Cynoxylon). Sangomiños floridos; cinco especies de árbores.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os sangomiños e corneiras son arbustos de entre 3 e 4 metros de altura, con moitas pólas. A meirande parte das especies teñen as follas enfrontadas, mais nalgúns casos son alternas. Teñen forma ovada. O froito de todas as especies é unha drupa redonda, carnosa e de cor negra con pintas encarnadas, cunha ou dúas sementes. As flores teñen catro partes e son brancas.

Moitas especies no subxénero Swida son arbustos estoloníferos, crecendo ao longo de canles. Varias destas especies utilízanse para naturalizar plantacións paisaxísticas, especialmente as especies de rebentos amarelos, vermellos ou brillantes. A maioría das especies no subxénero Benthamidia son árbores pequenas usadas como plantas ornamentais.

Sangomiño coa típica cor outoniza.
Cornus florida bagas encapsuladas no xeo, Hemingway, Carolina do Sur.

As hastas de madeira son moi duras e pódense empregar para fabricar dagas. A madeira era tamén moi estimada para facer as lanzadeiras ou nezcres dos teares, para os mangos das ferramentas e outros artigos miúdos que cómpren dun pau duro e rexo.

O froito de varias especies do subxénero Cornus e Benthamidia é comestíbel, aínda que sen moito sabor. As bagas dalgunhas especies do subxénero Swida son medianamente tóxicas para as persoas, porén moi apreciadas polos paxaros. Os Cornus son o alimento base para larvas dalgunhas especies de Lepidoptera entre as que se inclúen avelaíñas: Ectropis crepuscularia, Euplexia lucipara e os caso-portadores seguintes do xénero Coleophora: C. ahenella, C. salicivorella (que se atoparon sobre Cornus canadensis), C. albiantennaella, C. cornella e C. cornivorella (As tres últimas aliméntanse en exclusividad de Cornus).

Empréganse tamén como ornamentais en xardíns.

  1. Nomes e variedades dialectais recollidos en diferentes dicionarios - http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=cornejo&tipo_busca=castelan

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]